Estás en: Inicio › Formación
A Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín é consciente de que a formación dos traballadores é clave dentro da estratexia de competitividade da empresa.
Por iso un dos obxectivos de A.E.NO.R. é dar resposta ás necesidades de formación do persoal das nosas empresas a través de dous subsistemas de Formación Profesional:
Está dirixida aos demandantes de emprego, inscritos nos Servizos Públicos de Emprego e a súa finalidade é capacitar aos participantes nunha ocupación determinada, que lles permita mellorar as súas capacidades e facilítelles o acceso e integración no mercado laboral.
A formación continua pretende proporcionar aos traballadores ocupados a formación que poidan necesitar ao longo da súa vida laboral, para que obteñan os coñecementos e competencias requiridas en cada momento polas empresas. A formación continua contribúe a súa interacción, adaptación e promoción ante os cambios dos sistemas produtivos, así como a incrementar a súa empleabilidade ante as oscilacións do mercado laboral.
Además, considérase á formación como un factor importante para o incremento da produtividade empresarial.
As empresas que coticen pola continxencia de formación profesional á Seguridade Social teñen dereito a dispor dun crédito anual para Formación Continua que resulta de aplicar á contía ingresada pola empresa en concepto de FP durante o ano anterior, a porcentaxe de bonificación que se estableza na Lei Anual de Orzamentos Xerais do Estado en función do tamaño das empresas.
Debido a que en moitos casos o citado crédito non permite cubrir as necesidades formativas das PEMEs, faise necesaria a agrupación das mesmas para a realización dun proxecto de formación común que dé solución a necesidades formativas de carácter sectorial ou intersectorial. Ademais, a complicación en trámites deste novo modelo de formación continua, recomenda que a xestión a realice unha entidade con ampla experiencia en xestión de Proxectos Formativos e debidamente acreditada para ese efecto.
A.E.NO.R. é unha organización empresarial sen ánimo de lucro, acreditada como Entidade Organizadora para a formación continua ante a Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, informa do novo sistema e xestiona a formación daquelas empresas interesadas, tendo en conta que a nosa organización é unha organización sen ánimo de lucro e o noso primeiro obxectivo en materia de formación é ofrecer aos nosos asociados o mellor servizo posible, así a empresa pode formar aos seus traballadores según o novo modelo de formación continua, optimizando ao máximo o crédito anual do que dispón.
Mapa do sitio | ©2012 Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín | Nota legal
Dirección: Casa da Cultura - Ctra. de Esgos, 13 - 32160 Nogueira de Ramuín (Ourense) | Teléfonos: 629 51 75 85 - 609 83 22 83 - 639 65 96 03 | Email: aenor@aenorourense.org