Estás en: Inicio › Publicacións › Un ano de asociacionismo en N.R.
A nosa asociación, que conta con máis de 90 socios en toda Nogueira de Ramuín, pretende ser un punto de apoio para todos os emprendedores que queren iniciarse no mundo empresarial e para as empresas xa consolidadas que desexen compartir os seus problemas e experiencias.
E para todos eles achegar solucións e melloras que as permitan avanzar con paso firme na batalla diaria que é a empresa.
Normalmente, cando falamos de Asociacionismo Empresarial todo o mundo quere saber que vantaxes económicas ten o feito de asociarse. Que servizos damos as asociacións aos nosos socios, en definitiva, que podo eu sacar dunha asociación.
Sen dúbida que todo iso é importante e consciente diso A.E.NO.R. realiza numerosas actividades neste sentido, cursos de formación para actualizar ou mellorar coñecementos, asinamos convenios con entidades financeiras e con empresas para obter condicións económicas máis vantaxosas para contratar os seus servizos que individualmente non sería posible, damos información sobre axudas e programas de apoio.
Pero a importancia de asociarse non estriba tanto nestas vantaxes, chamémoslles económicas, si non nas relacións humanas, parte moi importante, si non a que máis de toda a empresa.
O valor de cooperación que preside a nosa asociación permítenos facer todo isto, permítenos axudarnos uns empresarios a outros con menor experiencia, permítenos atopar alianzas, emprender accións conxuntas, contactar con clientes ou provedores.
Por iso as posibilidades comerciais que ofrecemos como asociación non debe perdelas de vista ningún empresario.
Como conclusión quería pór a idea de que na actualidade a tan traída e levada globalización, fai que a competencia sexa máis feroz, que individualmente non se poida acceder a moitas instancias, que para crear haxa que aliarse ao pertencer a un grupo que aumente as nosas posibilidades para competir, unha asociación debe respectar a acción individual, debe favorecela, pois é o que enriquece ao grupo e o que lle fai avanzar.
Mapa do sitio | ©2012 Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín | Nota legal
Dirección: Casa da Cultura - Ctra. de Esgos, 13 - 32160 Nogueira de Ramuín (Ourense) | Teléfonos: 629 51 75 85 - 609 83 22 83 - 639 65 96 03 | Email: aenor@aenorourense.org