Estás en: Inicio › Noticias › O plan "Impulsa Ourense" subvencionará con até un 50% os investimentos na provincia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou onte o plan "Impulsa Ourense" para incentivar o investimento na provincia. O programa concretarase no Plan Estratéxico 2010-2015 aínda que, até a súa aprobación, aplicaranse tres medidas provisionais.
Un compromiso "co interior do interior". Así definiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o plan "Impulsa Ourense", que onte se aprobou durante a sesión do Consello da Xunta que se desenvolveu na cidade.
O plan "Impulsa Ourense" representa, segundo Núñez Feijóo, o compromiso do Goberno galego coa provincia, co fin de favorecer os investimentos produtivos, crear emprego e equiparar o nivel de desenvolvemento de Ourense coas provincias atlánticas. Implica, así mesmo, unha "discriminación positiva", coa que o Executivo autonómico pretende cumprir o seu compromiso electoral do "reequilibrio territorial".
Fonte: La Región
Mapa do sitio | ©2012 Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín | Nota legal
Dirección: Casa da Cultura - Ctra. de Esgos, 13 - 32160 Nogueira de Ramuín (Ourense) | Teléfonos: 629 51 75 85 - 609 83 22 83 - 639 65 96 03 | Email: aenor@aenorourense.org